Adrián ten a mirada limpa, cristalina, azul… como mar quedo e puro. Ollalo cando te ve, é algo así como tocar a tenrura que del emana. “Malos tempos para a lírica” rodou á praia de Peñaronda para a sesión previa ó día da súa comuñón. Nunha tarde de verdes, amarelos, ocres e azuis realizamos tomas seguindo os movementos do cativo namentres o sol intenso de principio, ía caendo despois e o son do mar facía as veces de música de fondo.
Adrián rompeu a timidez de a poucos pero o sorriso natural e nervioso, estivo sempre presente durante a reportaxe. Latexa alegre e doce, é neno achegado e discreto mais deixouse levar pola vivacidade propia dos anos escasos, para correr pola area, adentrarse nas beiras da auga salgada e voltar veloz fronte as cámaras. Xogou nas rochas cos seus curmáns Nathalia e Quique -que tamén forman parte do noso historial de “pequeprotagonistas”- e con dita afrontou un anaquiño de fotografías para o recordo. Tratamos de que para os nen@s a experiencia se perciba como enredo distendido, esa é a meta.
Graciñas ós pais pola confianza!