Son dous pero non suman por separado. En realidade son dous que suman un. Claudia e David naceron o mesmo día e con escasa diferencia no tempo, esa mínima distancia que axiña deixan moi clara -por iso de reinvidicar a importancia de quen é o maior! Bulideiros, riseiros, construidos poro a poro de dinamismo, ímpeto e dita. Os inicios dos nenos ante as cámaras de “Malos tempos para a lírica” foron prudentes para converterse de xeito natural e case espontáneo, en puro desenfado.
Claudia é coqueta, próxima e dilixente, desafía ós obxetivos, crava a mirada. Case sen respiro entre os movementos, as poses … busca a David, ó nexo. David é esquivo pero entrega finalmente, distrae co entorno, busca continuamente o xogo, moveo descubrir. David é dos que regala momentos que se deben aproveitar. Tamén el está ó pendente da ollada de Claudia. Son dous que suman un e polo mesmo, nas tomas conxuntas, é cando espallan felicidade plena, cando se deixan ser sen tapuxos. Carreiras, agarimos, xestos, segredos ó ouvido … Calquera excusa pra risa a gargalladas. Gusta ollalos.
E así, como se conta, tivo lugar outra tarde de fotografía agradecida, alegre, das que alimenta. O resultado é o que segue …
Grazas Claudia e David! Grazas Lourdes por dárnolos a coñecer!
Soa: https://www.youtube.com/watch?v=lUP_fex2RaA.